O novo himno do celta: Oliveira dos Cen Anos

 Este ano é o centenario do RC Celta, o meu equipo favorito, e para celebralo, contrataron a un dos mellores cantantes españoles, C Tangana "O madrileño", que ten familia viguesa  e é do Celta. 

Tras pasar meses traballando en Vigo con grupos locais, creou este maravilloso himno que representa a toda afición, cun videoclip que mostra a beleza da nosa terra.

Podedes ver aquí o videoclip:

 
 
Para celebrar o centenario, fixeron unha camiseta especial, que leva a letra deste himno inscrita no dorso, en relieve, de froma realmente bonita. Ademais incluiron múltiples insignias que fan relación ao centenario e á creación do clube. Na web do RCCelta (rccelta.es) podedes ver todas estas imaxes con detalle.
 

Por último, penso que é moi bonito como queda o himno cantado no estadio por todo o público, ademais dun espectáculo de luces. Deixovos un video de cando foi cantado no partido contra o Real Madrid, no que estaba C Tangana na bancada. Erízaseme o pelo!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

As redes sociais na poboación

Píxelart: dibujo con pískel

Busca información na Wikipedia:

Resultados da busca