Presentación

Ola a todos!!! Beinvenidos a este blogue que espero que resulte de voso agrado.

 Aquí irei subindo contidos moi variados, e contareivos cousas que me parecen realmente curiosas e interesantes, e que oxalá poidades gozar del. Subirei contidos relacionados cos meus intereses, cousas de actualidade, cultura, deportes e tamén do que fago no meu día a día, co único interese de que alguén poida desfrutar do meu traballo.

 Agora voume a presentar:

Son Xoán, un mozo de 16 anos e vivo na marabillosa cidade de Vigo, en Galicia, e estudo no instituto Alexandre Boveda, onde estou moi feliz.  

Nos ratos libres gústame xogar a videoxogos, cociñar e viaxar. Tamén adoito andar en bici, o que aproveito a moverme pola cidade ademais de entrenar, facendo rutas pola zona tan bela na que vivo.

Tamén gustaríame falarvos do meu can: Bolacha, o meu mellor compañeiro de vida. Nos momentos máis duros, sempre estiven con el, e vou con el a todas partes. Quérolle como a ninguén.

Vémonos nas seguintes publicacións!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

As redes sociais na poboación

Píxelart: dibujo con pískel

Busca información na Wikipedia:

Resultados da busca