Ola! Seguro que xa sabedes que o próximo martes, 31 de outubro, é a noite de Halloween, aquí tamén coñecido como Samaín. É unha noite á que acompañan moitísimas tradicións e lendas, como os vampiros, os licántropos ou a galega Santa Compaña. A tradición máis coñecida é o "Truco ou trato", de orixe americano, aínda que na Galicia tamén existen tradicións así, similares, que teñen unha orixe moito anterior. Para celebrar esta noite, na que os mortos reviven, no meu instituto, o IES Alexandre Bóveda queremos facer unha actividade para todos aqueles nenos e nenas que non teñen planes ou con quen pasalos. Pero tamén, queremos convidar ás familias e amigos dos estudantes a que veñan ña nosa CASA DO TERROR . Será un paseo nocturno polo instituto, en grupos, no que se darán sustos, contaranse historias... Un verdadeiro xogo de Samaín! A entrada será gratuíta para os estudantes, así que non dudedes en vir! Vémonos este martes! E feliz Samaín!