Beneficios e riesgos da tecnoloxía 5G
Últimamente fálase moito de avances tecnolóxicos, e novas tecnoloxías, como o coñecido 5G, unha tecnoloxía relativamente nova da que se escoita falar moito, xa sexa sobre móbiles, conectividade...
O 5G é a última e quinta xeración de rede móvil, que cada vez está máis extendida, xa que multiplica a eficiencia e capacidade das infrastruturas, alcanzando velocidades de 10Gb/s, reducindo tamén os tempos de latencia. Pode ser usada para a indutria, medicina, streaming... É realmente un gran avance.
Esta gran velocidade de conexión e maior volume de datos pode ser moi importante para moitas cousas. Por exemplo, pode ser usada nos negocios (reducindo tempos de acceso e de resposta), así como maiores capacidades de cobertura con aglomeracións (como grandes eventos). Tamén incrementa as posibilidades de dividir a rede e executar un maior numero de aplicacións complexas dende a mesma sinal, impulsando e desenvolvendo o IoT (Internet of Things), o "Internet das Cousas". Pode axudar en empresar para aumentar a productividade e o teletraballo, melloras de procesos empresariais...
A nivel persoal, pode reducir os tempos de descargas, de latencia (en videoxogos...), deixarnos unha mellor rede de cobertura, aforrar consumo eléctrico... así como o desarrollo de cidades intelixentes e moitos outros productos "smart".
Por outra banda, pode ter certas desvantaxes. Por agora, non se considera que as radiofrecuencias e a nosa exposición a elas poida ser perxudicial para os humanos, e as tecnoloxías inalámbricas (como o 5G) son consideradas de baixa probabilidade canceríxena (tanta como o café). O que si, foi denunciado por asociacións ecoloxístas, como "Ecologistas en Acción" polo seu impacto ambiental e na saúde (que aínda que non se considere perxudicial, eles afirman que apenas existen estudos). Consideran que a extensión destas tecnoloxías pode ser realmente perxudicial para o medio ambiente, e esta é a razon pola que se crearon centenares de organizacións que piden paralizar esta tecnoloxía. Tamén podería abrir unha fenda con países menos desenvolvidos, ao avanzaren máis rápido nuns que outros estas tecnoloxías.
Polo tanto, vemos que apenas presenta inconvintes (xa que os que presenta están pouco estudados) pero sí moitísimas vantaxes, que mellorarían (e xa están mellorando) a nosa vida así como desenvolverían a economía.
Webgrafía:
Comentarios
Publicar un comentario