Desinformación e noticias falsas
Desinformación e "Fake news"
Imos analizar distintos aspectos deste termo tan utilizado, e, en xeral, da información.
O termo noticias falsas ou fake news, son aquelas noticias e informacións que son falsas e difúndense co obxectivo de manipular e mentir deliberadamente. Por outra banda, a desinformación son as técnicas de manipulación que se utilizan para difundir os bulos e fake news (mentira, presuposición...) que levan á poboación e ás sociedade a ter ideas non certas da realidade.
O propósito dos contidos falsos habitualmente é mentir sobre a sociedade para que teñan ideas falsas que beneficien a grupos políticos, sociais, ... Ben pode ter esta intención por parte do creador ou polos que a difunden. Outras veces, non tenta tanto manipular se non chamar a atención ("clickbait") e conseguir entradas en webs, noticias... que xeren beneficios económicos a anunciantes, periódicos, etc.
Esta información ás veces vai ser difundida sen propósito algún, sen malas intencións, simplemente por erro. Neste caso, falamos de informaciñó errónea .
Nunha sociedade como a de hoxe en día, onde só lemos titulares e nos mantemos informados por redes sociais, somos aínda máis manipulables. Os bulos e noticias falsas propáganse moi facil polas redes sociais, onde sobre todo consúmen adolescentes e mozos, que veñen sendo os que menos experiencia e coñecementos teñen. Pero tamén os adutos pican en informacións falsas, moitas veces relacionadas con política...
Mentir é moi fácil, e chamar a atención tamén. Xuntas, son unha combinación que pode volverse viral facilmente, crear ideas falsas entre a poboación, que levarán a cambiar os ideais políticos ou xerar beneficios económicos entre outros.
Para combater este problema, podemos facer moito a nivel persoal. Cando veamos un titular rechamante, antes de crer a información, deberíamos ler a noticia completa, xa que moitas veces o titular é falso ou non mostra a realidade. Tamén deberíamos buscar as noticias en varios medias e comprobar que estén contrastadas, sexan coherentes e teñan probas. Tamén podemos recurrir a webs como maldita.es ou similares. Tampouco deberíamos crer todas as noticias das redes sociais. Se atopamos unha noticia falsa, poderíamos tentar difundila e chegar ao máixmo de xente posible para que non crean estas mentiras.
Resumindo, vivimos nun mundo onde é moi fácil mentir, pero debemos tentar recibir e enviar informacións falsas.
Comentarios
Publicar un comentario