Hoxe imos falar dos distintos tipos de noticias falsas ou desinformacións que existen. Estes son os distintos tipos que hai cun exemplo de cada un: Contexto falso : neste caso estamos falando dunha noticia que leva unha imaxe que non corresponde ou con esa información ou a data. Por exemplo, estase a difundir a seguinte foto dun peixe con boliñas de plástico dentro, coma se foran os pellets que están chegando ás costas galegas. Aínda que isto poida pasar, realmente este peixe é unha merluza de Sri Lanka, dun accidente similar que ocurriu hai anos. Atopamos esta información AQUÍ . Contidos manipulados: neste caso estamos falando de retoques con distintos programas, como photoshop, normalmente cheap fake. Por exemplo, atopamos estas capturas que están a ser difundidas coma se foran historias de Instagram subidas pola cantante española Aitana con comentarios a favor do partido da ultradereita VOX ou comentarios Franquistas, sendo capturas falsas que Aitana nunca o subiu. ...