Tipos de desinformación

 Hoxe imos falar dos distintos tipos de noticias falsas ou desinformacións que existen. Estes son os distintos tipos que hai cun exemplo de cada un:


  • Contexto falso: neste caso estamos falando dunha noticia que leva unha imaxe que non corresponde ou con esa información ou a data. Por exemplo, estase a difundir a seguinte foto dun peixe con boliñas de plástico dentro, coma se foran os pellets que están chegando ás costas galegas. Aínda que isto poida pasar, realmente este peixe é unha merluza de Sri Lanka, dun accidente similar que ocurriu hai anos. Atopamos esta información AQUÍ.

  • Contidos manipulados: neste caso estamos falando de retoques con distintos programas, como photoshop, normalmente cheap fake. Por exemplo, atopamos estas capturas que están a ser difundidas coma se foran historias de Instagram subidas pola cantante española Aitana con comentarios a favor do partido da ultradereita VOX ou comentarios Franquistas, sendo capturas falsas que Aitana nunca o subiu. 

 

 

  • Contidos fabricados: esta clase inclúe ao deep fake e astroturfing, sendo imaxes creadas dende cero co único obxectivo de manipular. Por exemplo, atopamos esta foto que subiu a política Macarena Olona, dirixente do partido Caminando Juntos e ex-VOX dandolle un bico na boca a Yolanda Díaz, vicepresidenta do Goberno de España, para celebrar o Día do Orgullo. É unha foto editada totalmente, co obxectivo de manipular. 

  • Contido impostor: estamos falando de facerse pasar por outra persona de forma falsa, como esta conta que vos mostro que tenta facerse pasar por Isabel Díaz Ayuso, presidenta da comunidade de Madrid.

 

  • Conexión falsa: o titular non corresponde co contido, moitas veces en internet para facer Clickbait, como neste caso que tentan mostrar un grave problema de saúde cando simplemente tivo Covid-19.

 

  • Confusión por sátira ou parodia: non trata de desinformar a propóstio, o problema é a súa emisión sen contexto (ou acnla), como sucede con noticias como esta ou similares que só pretenden facer parodia:

 


  • Contido enganoso: mistura feitos reais con outros que son mentiras intencionadas, e pode ser habitual en medios para desinformar, como esta noticia na que sí existiu tal incendio pero non foi causado por uns marroquíes (nin dese centro) nin lanzaron granadas.


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

As redes sociais na poboación

Píxelart: dibujo con pískel

Busca información na Wikipedia:

Resultados da busca