Fotografía: analizando as regras

Ola a todos! Hoxe imos falar un pouco de fotografía. Imos comentar tres fotografías do recoñecido artista brasileiro Sebastiâo Salgado, adicado principalmente á fotografía social e ao fotorreportaxe, que foron publicadas en "Génesis", o seu último proxecto, onde pretende mostrar o noso planteta dende distinas perspectivas, cunhas imaxes de gran calidade en branco e negro.

 Primeiro, comentaremos esta imaxe, mostranos unha colonia de pingüins na Antartida:

Podemos ver que o fotógrafo chea de elementos repetidos, os pingüíns na imaxe, que transmite factores psicolóxicos, como unión, mostrando unha bela imaxe da Antártida, cun val glaciar ao fondo e unha gran colonia diante, que coa gran contraste de cor, en branco e negro, funciona moi ben.

No seguinte caso, vemos un río con xente en pequenas embarcacións.

Na fotografía, onde o fotógrafo mostra xente dunhas tribos da selva Amazónica navigando polo río que lle da nome. Tamén en branco e negro, mostra unha chamativa imaxe. Vemos como Sebastiâo utiliza á perfección a regra dos  terzos, situando o principal da imaxe no punto de unión dos terzos.


Imos ver a útlima imaxe a comentar, onde volvemos ver pingüíns, pero neste caso están saltando ao mar.


 Vemos aos animais situados nunha fila agardando para saltar ao mar austral dende un glaciar, cun dos paxaros xa no aire a piques de introducirse no auga. Utilizando liñas diagonais (a pendente do glaciar), neste caso tamén en branco e negro, o fotógrafo transmite dinamismo.


Agardo que esta pequena análise fotográfica vos sexa útil, así como que poidades descubrir un pouco máis deste mundo da fotografía, tan interesante, así como un gran artista como é Sebastiâo Salgado.

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

As redes sociais na poboación

Píxelart: dibujo con pískel

Busca información na Wikipedia:

Resultados da busca