Publicacións

Beneficios e riesgos da tecnoloxía 5G

Imaxe
 Últimamente fálase moito de avances tecnolóxicos, e novas tecnoloxías, como o coñecido 5G, unha tecnoloxía relativamente nova da que se escoita falar moito, xa sexa sobre móbiles, conectividade... 

Samaín: actividades terroríficas

Imaxe
Ola! Seguro que xa sabedes que o próximo martes, 31 de outubro, é a noite de Halloween, aquí tamén coñecido como Samaín. É unha noite á que acompañan moitísimas tradicións e lendas, como os vampiros, os licántropos ou a galega Santa Compaña. A tradición máis coñecida é o "Truco ou trato", de orixe americano, aínda que na Galicia tamén existen tradicións así, similares, que teñen unha orixe moito anterior.  Para celebrar esta noite, na que os mortos reviven, no meu instituto, o IES Alexandre Bóveda queremos facer unha actividade para todos aqueles nenos e nenas que non teñen planes ou con quen pasalos. Pero tamén, queremos convidar ás familias e amigos dos estudantes a que veñan ña nosa CASA DO TERROR . Será un paseo nocturno polo instituto, en grupos, no que se darán sustos, contaranse historias... Un verdadeiro xogo de Samaín! A entrada será gratuíta para os estudantes, así que non dudedes en vir! Vémonos este martes! E feliz Samaín!

Identidade Dixital, que é?

Imaxe
Que é a Identidade Dixital? Imos a velo. Ademais de ver que é, vou deixar uns enlaces para que ampliedes a información se vos interesa o tema. Imos!

As redes sociais na poboación

Imaxe
 Probablemente tedes escoitado falar moito nos últimos anos sobre as redes sociais e como afectan en xeral ás persoas, pero sobre todo aos adolescentes.  As redes sociais úsanas todo o mundo xa que son moi útiles, como por exemplo, WhatsApp, que serve para utilizar mensaxeria instantanea, ou Instagram, que serve ademais de para comunicarse, para ver novas, o que fai a xente... Facer un bo uso destas é importante, xa que poden repercutir en nós, por exemplo, causando problemas de insomnio, de falta de atención, e sobre todo de adiccións. Moita xente utiliza estas redes durante moitas horas, o que se pode considerar unha adicción, que pode ser grave. Isto sucede sobre todo en adolescentes. Usalas está moi ben, pero como todo, con control. Foto de Oleksandr P: https://www.pexels.com/es-es/foto/telefono-inteligente-aplicacion-monitor-aplicaciones-9822748/ Foto de Oleksandr P: https://www.pexels.com/es-es/foto/telefono-inteligente-aplicacion-monitor-aplicaciones-9822748/ Foto de O...

O novo himno do celta: Oliveira dos Cen Anos

Imaxe
 Este ano é o centenario do RC Celta, o meu equipo favorito, e para celebralo, contrataron a un dos mellores cantantes españoles, C Tangana "O madrileño", que ten familia viguesa  e é do Celta.  Tras pasar meses traballando en Vigo con grupos locais, creou este maravilloso himno que representa a toda afición, cun videoclip que mostra a beleza da nosa terra. Podedes ver aquí o videoclip:     Para celebrar o centenario, fixeron unha camiseta especial, que leva a letra deste himno inscrita no dorso, en relieve, de froma realmente bonita. Ademais incluiron múltiples insignias que fan relación ao centenario e á creación do clube. Na web do RCCelta (rccelta.es) podedes ver todas estas imaxes con detalle.   Por último, penso que é moi bonito como queda o himno cantado no estadio por todo o público, ademais dun espectáculo de luces. Deixovos un video de cando foi cantado no partido contra o Real Madrid, no que estaba C Tangana na bancada. Erízaseme o pelo!

Presentación

Ola a todos!!! Beinvenidos a este blogue que espero que resulte de voso agrado.  Aquí irei subindo contidos moi variados, e contareivos cousas que me parecen realmente curiosas e interesantes, e que oxalá poidades gozar del. Subirei contidos relacionados cos meus intereses, cousas de actualidade, cultura, deportes e tamén do que fago no meu día a día, co único interese de que alguén poida desfrutar do meu traballo.  Agora voume a presentar: Son Xoán, un mozo de 16 anos e vivo na marabillosa cidade de Vigo, en Galicia, e estudo no instituto Alexandre Boveda, onde estou moi feliz.   Nos ratos libres gústame xogar a videoxogos, cociñar e viaxar. Tamén adoito andar en bici, o que aproveito a moverme pola cidade ademais de entrenar, facendo rutas pola zona tan bela na que vivo. Tamén gustaríame falarvos do meu can: Bolacha, o meu mellor compañeiro de vida. Nos momentos máis duros, sempre estiven con el, e vou con el a todas partes. Quérolle como a ninguén. Vémonos nas seg...

Busca información na Wikipedia:

Resultados da busca